<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: APOCALIPSE ! !
Posteado por: !
Data:
quinta-feira, março 11, 2004
Dende TellaCeibe queremos mostrar a nosa repulsa ante o atentado e a nosa condolencia hacia as familias das víctimas asi como a todo o povo hespañol e todo povo sofredor do salvaxismo do terrorismo.
Apocalipse... dubidei en que título poñer... SALVAXISMO, pode... pensei en poñer ANIMAIS, pero, sinceiramente, os animais son uns seres demasiado bondadosos como para que uns personaxes coma os terroristas se poidan comparar a eles... FILLOS DE PUTA, porque é o que penso... ningunha ideoloxía merece que se derrame nen unha gota de sangue, que nengunha persoa sofra polo pensamento doutro... iso é a base da democrácia, anque ás veces dubido sobre esa palabra e o seu significado, e de se en realidade pode eisistir ou só é unha utopía máis...
Porque os malditos teñen que facer cousas así para que se lles faga caso... só saben falar cunha bomba de por médio ou cunha pistola na man... nom son seres racionais, nom saben falar, nom saben manifestar a súa ideoloxía se nom é matando...
Pregúntome se os etarras sentirán remordementos... se teñen o televisor encendido para ver o seu estropicio, se sentirán algo por esas persoas que mataron e outras máis que feriron,,, porque ata a persoa máis cruel ten sentimentos pero dubido agora niso... á miña mente só ven ese recordo de sangue e bágoa, o berro da persoa inocente, o berro da inxustiza... e as miñas bágoas tamén derramo como se fose eu un deles, porque a todos se nos morreu algo dentro, todos fomos asasinados pero só sei que a nosa luita nunca rematará mentras haxa algún vivo, alguen vivo para berrar ETA NOM, para berrar pola paz, para berrar pola vida... porque o máis dificil da vida é vivila...
Apocalipse, porque é a fin do mundo, se nos deixamos vencer... nom queremos máis Hipercores, nom qeremos máis Trenes bomba, nom queremos máis Miguel Anxo Blanco, nom queremos máis Ortegas... nom queremos máis ETA,,,
Tiña pensado seguir escribindo pero nom me saen apenas as palabras,,, o último que quería dicir era que nom todo nacionalismo é ETA, nom todo nacionalismo é salvaxismo... nom a ETA, nunca máis!!!!

De: Isra & Va

TellaCeibe está chorando...

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -