<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Altercado mental e político... ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, março 14, 2004
Aínda está no noso recordo e estará toda a nosa vida a lembranza deste cruel atentado do pasado xoves.
Foi un feito que nos fixo reflexionar sobretodo, e a min fíxome chegar a unha conclusión.
O terrorismo nunca estivo e nunca está ben, iso nom fai falla que o diga eu porque todo o mundo o sabe. Pero a miña cabeza ben unha pregunta á que nom lle atopo resposta: quen é máis terrorista, quen pon unha bomba ou quen invade un país ilegalmente?
Necesitamos atopar unha resposta e quizáis atopámola na navalla de Ockham: se cadra a resposta é a máis sinxela e a temos máis próxima do que pensamos... ó mellor todo comezou por apoiar unha guerra ilegal, por invadir un país e por matar as súas xentes por... por qué?? por petróleo e pola economía...
Porque o atentado do xoves nom ten perdón de Deus e os responsábeis nom teñen dereito á vida, pero tampouco ten perdón de Deus o imperialismo e a invasión... porque no Iraque morreron máis inocentes que en Madrid, porque no Iraque morreron máis inocentes que nos atentados ás Torres Xemelgas... quen ten a culpa?? por suposto, os inocentes mortos o 11-M claro que nom, nin tampouco os iraquís que faleceron na guerra... todo é culpa da ambición e do poder, que fai sacar o pior da xente no proprio benefício... nom son máis bos aqueles que mandan facer unha guerra con mentiras que aqueles que atentan contra os países que a mandaron facer... ningún deles merece o perdón, mais o pior de todo é que sempre pagan os mesmos...
Nom teño máis que engadir... sacade as vosas proprias conclusións... ;)

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -