$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Quen quere o amor... ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, fevereiro 18, 2004
|
 |
De pequeno me ensinaron a rexeitar aquilo que nom me gostase, a escoller o que quixera, a ser eu mesmo, en definitiva... a crearme a min mesmo e nom ser unha creación dos demáis...
E ó longo da miña curta vida escoitei falar moitas veces da maxia que ten o amor, que fai moitas cousas que outras nom farían e como di a canción, "rompe barreiras",,, algo que che da e que che quita, que pode facerte o home máis feliz do mundo ou o ser máis desgraciado de toda a terra... o Yin-Yan, Jeckyll e Hyde, o dúo dinámico... (si si, o alto é moito mellor que o pequeno, ese polo menos toca a guitarra :P) E porque necesitamos aquilo que nos fai sofrer tanto, que nos fai chorar ás agochadas?? aquilo que fai sacar de nós o peor que temos, facernos seres ausentes e sen vida??...
Porque loitamos por iso mesmo que nos fai ser a persoa máis feliz do mundo, ser o Yin que calme o noso Yan, ser o Jeckyll e nom o Hyde e moitos ser o alto do dúo dinámico... que importa sofrer se se loita pola felicidade e, anque nunca se consiga a nosa morte nunca será en van porque é preferibel morrer a renderse, morrer a nom loitar e sofrer toda a vida por algo que nunca nos dará a satisfacción... quen necesita o amor, me pregunto,,, todas aquelas mentes atormentadas, aqueles que pensan que a única saída é un corte nas veas ou unha inxesta de barbitúricos,,, pero en realidade merece a pena?? cando se pode loitar pola vida e nom pola morte??
De pequeno me ensinaron a ser eu mesmo, e a sofrer por defender aquilo que qería...
De: Isra
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|