<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Os días amargos... ! !
Posteado por: !
Data:
sexta-feira, fevereiro 13, 2004
Ás veces pregúntome porque os seres humanos temos esos días amargos que, sen poder dar algunha razón, nom nos apetece facer nada e unha inmensa pena e coita nos invade sen poder facer nada, só sabendo que todo voltará á normalidade ó día seguinte...
En moitas ocasións esos días exténdense a unha boa tempada: podemos estar unha semana de baixón, pensando que todo nos sae mal e pensar "que coño fago aquí",,, porque razón nos enviou Deus (se é que existe) a este mundo para facer nada, pensar como Deus desaproveitou a carne e o óso de Eva para facernos e nom facer nada... Afortunadamente hoxe nom é un deses días, pero sei de xente que os ten e son consciente do molestos que poden chegar a ser e do pouco que nos podemos chegar a querer neses momentos,,, cando pensas que a única solución é o suicidio (afortunadamente de novo, nunca tiven esa sensación nin nada que se lle aproxime ;)) e "quien coño me va a echar de menos! quien coño va a llorar el día de mi muerte! a quien le importo!",,, pero eu son dos que pensa que se alguén dí esa frase hai alguén detrás que está escoitando, que o está axudando a saír do seu tobo escuro e comprendéndoo anque nom compartindo,,, e ese mesmo que escoita o seu lamente é o mesmo que o votaría de menos, o que choraría o día da súa morte, o que en realidade lle importa esa persoa...

De: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -