<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Noites locas de verán ! !
Posteado por: !
Data:
terça-feira, fevereiro 17, 2004
Quen nunca soñou algunha vez cunha noite loca de verán?? na praia, á luz da lúa, coas olas agarimando uns corpos tórridos e morenos do Sol... a moitos ese sono se lles cumpriría mais eu sigo aferrándome en que algunha vez se fará realidade...
O que se dí noite loca loca de verán pois... home, unha noite de San Xoan (dio estou rebelando algo que só eu e esa rapaza sabemos...) pero nom conta como tal... sigo buscando ese sono que tiven unha noite e da que desafortunadamente nom me lembro da rapaza, anque teño a constancia de que era moi fermosa...
Quero crer que antes ou despois os sonos se cumprirán, anque moito me da que nom vai ser asi e que o letargo corresponde a esos desexos irrefrenábeis do noso subconsciente... quen sabe... quen terá razón,,, eu sen dúbida son dos primeiros!! :O__ xa me babo jajajajaja
Nunca vos levantáchedes coa sensación de haber tido un sono moi importante e nom lembrarvos de que era?? a min iso rebéntame, rebéntame moito!! porque a parte de nom saber o importante dese sono pasas como que toda a mañá rompéndote a cabeza para que?? para nada, para rebentarte aínda máis... e por qué serán tan reais?? por que nos levantamos coa sensación de habelo vivido?? se é un pesadelo aledámonos de levantarnos e de abrir o ollo mais se é algo agradabel... ajjjjjjs!!! quen me dera nom haberme levantado nunca daquel sono que tiven con aquela morena na praia nunha loca noite de verán!!!

De: Isra indignao ¬¬ jajaja

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -