<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: El ser humano es raro II ! !
Posteado por: !
Data:
segunda-feira, fevereiro 09, 2004
::El ser humano es raro II ::
Aquí estou de novo para sacar o pior (ou o mellor) do ser humano, para que vos deades conta de que o ser humano nom é tan complicado: copiamos unhas fórmulas e logo as repetimos ata a saciedade!!!!
Da outra vez qedeime nas conversas de ascensor... que tema é o máis recorrido cando te atopas nun ascensor cuns veciños cos que nom tes moita relación e estas desexando chegar ó teu piso? vexamos:
X-Ufff vaya tiempo eh...
Y-Y que tu lo digas...
X-Pues dijeron en la televisión que iba a cambiar
Y-Si, y falta que hace...
En definitiva, que logo desta conversa de grande interese mundial (sarcasmo) quédaste sen saber se en realidade fai bo ou mal tempo ou se na tele dixeron que ía cambiar para bo ou para malo... neses momentos envexo a aqueles nos que a OTIS nom chegou as súas casas jajajaja
E que me dicides de cando un colega se está sacando o carnet de conducir?? se cadra esta coña se vos fará familiar (a adri seguro que xa lla fixen máis dunah vez):
X-Aprobé el teóricoooo!!!! ahora empiezo las prácticas !!!
Y-Pues avisa de cuando empiezas las prácticas, más que nada para no salir de casa je je je je
¬¬ e din que o ser humano é un animal racional?? de que nos vale tanta intelixencia se dicimos cousas coma esta??
E cando nos pide para saír un/ha mozo/a que nom nos gosta?? cal é a maior excusa, a excusa mundial, a que todos algunha vez utilizamos??
X-Es que, Y, de verdad, siento algo por ti, me gustas...
Y-Ufff es que, X, no me lo pongas tan dificil...
X-Lo siento, si no quieres no digas nada...
Y- Es que X, prefiero tenerte como amiga, te valoro mucho mucho... pero como amiga, y tengo miedo de empezar una relación y que se pueda estropear...
Ala venga!!!!! que me estás contando?? e a coña é que a xente segue picando:
X-que, la Y pasó de ti eh jaja!!
Y-Pero que dices,,, si le gusto, pero prefiere tenerme como amigo, ja!
Outro exemplo son as mentiras... eu creo que hai mentiras que son como as verdades universais, pero todo o contrario xD a máis famosa é a de "si si, mañana te pago"... esa frase useina eu e teño unha débeda de cando aínda pagabamos en pesetas...
Boeno, isto é todo desta segunda parte, pero nom será a última!!!! volveremos, con máis e mellor!!!! Xa sabedes, se vos lembrades dalgunha frase típica, etc,,, por favor, contactade, que nos fan falla!!!! (é que romperse a cabeza para buscar estas movidas nom é sinxelo :P!!!!)

De: Isra&Va!

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -