$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Aqueles marabillosos anos... ! !
Posteado por: !
Data:
quinta-feira, fevereiro 12, 2004
|
 |
Hoxe é un deses días, deses días que todos temos de melancólico, de poeta agochado na súa alcoba,,, un deses días nos que poñemos a lembrar cousas do pasado,,, e tivo que ser o cumpreanos do meu grande amigo Va! para poñerme a lembrar todo aquilo que fumos e que agora somos... cantos anos pasan, e nós sen darnos de conta apenas...
Que era de cando quedaba con Cañás para ir a parvulos,,, de cando subía con Va!, ou cando ía a súa casa a xogar á consola... de cando Iria e máis eu xogabamos no patio dos pequerrechos a Peter Pan, cos nosos mandilós a modo de capa verde... daquelas yinkanas os venres pola tarde con Don Pablo, e anque Va!, eu e o resto do equipo nunca gañaramos... que demos! pasabámolo en grande adeviñando acertixos... daquelas excursións cos mestres de clase, nas que Villa e máis eu iamos sempre xuntos no bus, escoitando polo seu walkman... que máis dará,,,
E agora vemos as fotos e dámonos conta de canto medramos e de cantos anos levamos xuntos e sempre igual, sendo tan amigos como fai unha semana, un mes 14 anos... ver a Cañás co pelo ó afro,,, ver como lle sacabamos a Tony dúas cabezas e agora é el cando no-las saca... ver a Iván de pitiño que, anque me diga que nom, pra min é cravado ó seu irmán pequeno,,, ver a Moe tan alto como sempre, a Diego tan... forte como sempre,,, a Villa con melena (joss que rebelde!) ou a min,,, co pelo á taza!! a Itziar con roupa axustada (agora ódiaa!) ou a Josiño con uniforme (que ben te sentaba, sempre tiveches corpo de modelo jaja!)...
Lémbrome daqueles días da EXB,,, daqelas tardes na ESO e de cando nos tivemos que separar en bacharelato (anque sempre seguimos xuntos e véndonos tódolos fines de semana e cando podemos...) daqueles fines de semana en Tella (liberdade!),,, de canto tempo fai que nos coñecemos e de que poucas veces nos cabreamos (sinceiramente, ningunha ;)) e de cantas cousas nos quedan por vivir... porque estos catorce anos pasaron voando e serán máis sen dúbida...
Porque é inevitabel votar a vista atrás e lembrar as cousas bonitas que vivimos... e de que se cadra lle debemos ó Fogar (o noso cole!! aiss que recordos ;)) o coñecernos a maioría de nós... porque iso é o que vale a pena... nom tanta guerra nin mortes inxustificadas... desfrutar do bonito da vida, do bonito que é estar cos teus amigos e, anque nom se fale, mirarnos ás caras e saber o que queremos dicir sen dicilo...
De: Isra
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|