Iso é o que se debe preguntar o señor Bush, o señor Blair e o señor Ansar... e digo señor por nom dicir outra cousa...
Agora parece ser que Ansar nunca dixera que había armas de destrucción masiva no Iraque e os soldados americanos deben de estar como tolos despois de buscar algo que nom eisiste... a min polo menos foderíame moito... supoño que os soldados yanquis se entreterán co "Buscando a Wally", que é o único con certeza que poden atopar (a parte das borracheiras, etc) pero coñecendo que son americanos aínda deben de estar buscando unhas lentes e un gorro a raias polo libro adiante... porque o de "Intelixencia Militar" nunca tivo sentido, e menos se nos referimos a algo relacionado con EE.UU. .... intelixencia? en Estados Unidos?... hai tanta intelixencia no país yanqui como armas de destrucción masiva no Iraque...
En fins, e pensar que por iso se fixo unha guerra... ejem claro que nom foi por iso pero sssshhh, iso é o que nos queren facer crer... ou qe vos pensábades?? que a crise de petróleo dos Estados Unidos tivo algo que ver?? pensades que a Bush nom lle quita o sono o terrorismo do mundo adiante mentres que nom atenten contra o seu amado país?? que Bush nom chora por cada dictador que eisiste no mundo?? ilusos... (NOTA: as tres últimas preguntas están encadradas dentro do sarcasmo)
Así vai o mundo, nom credes?? En fin, temos que cambiar nós para intentar cambiar o mundo, ou iso é o que din...pois xa podemos ir empezando o antes posibel...