$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Pantalóns VERSUS Isra ! !
Posteado por: !
Data:
sábado, janeiro 24, 2004
|
 |
Joer, a guerra continua!!!!
Logo dunha tregua (falsa tregua) hoxe levanteime sobre as once para ir coa miña nai a ver un pouco de roupa por ahi, para aproveitar o pouco que quedan das rebaixas.
Foi chegar a Pull&Bear e aquilo parecía o oeste, só faltaba o cartel de Saloon e a mota de pelusa rodar polo chan... estaba todo baldeiro!!!!! Despois de buscar intensamente algún pantalón atopei tres que nom me desgustaba (a verdade é que me fan falla pantalóns porque se me van rachando todos e case vou espidinho pola rúa :() e nada, eran da talla 42, a MINHA talla!! Vou a probalos ó probador e cal é a minha surprise que nom me entraban!!! É dicir, tenho tres pantalóns da MESMA marca, da talla 42 e me case me caen do frouxos que os teño e nom, esten nin me entraban!!! vale, ben, nom pasa nada, haberá que pillar unha 44 a ver... moi ben, estamos de sorte, hai os mesmos pantalóns pero en talla 44... "esta é a minha", penso... próboos e de novo sorpresa... case nom me cerran!!! parecía unha oliva enlatada :( con dicirvos que un pantalón me quedaba como a Bustamante... vale, "isra relax, nom pasa nada, nom pasa nada, nom respires, iso iso, nom respires..." ... e desto que entra a minha nai dentro do probador e escacha coa risa... ¬¬, coa consecuencia de que eu escacho coa risa tamén e case tenho que pagar o pantalón pero nom para levalo...
"Vale, nom pasa nada, un mal día o ten calqera..." pillo unha talla 46, que a verdade, nom abundan moito ... :( ... e o probo e cal é a minha terceira sorpresa... cáenme!!!!!!!! dioooo pero é q nom se aclaran... Vamos a ver, vale que eu nom son un tipo cun corpazo dez (que nom o son jajaja) nin moi delgadinho que digamos (a min góstame dicir que son "fuertote" xD) pero é que isto é un pitorreo!!
Nada nada, xa me vedes saír do probador cagándome en toda a profesión textil, por moi pouca culpa que tenhan... o único que me levantaba a moral eran as dependientas de pull... mmm arrrrgg... (merda, xa babei todo jajaja).
De: Isra
P.D.:se conhecedes a algunha que traballe en Pull&Bear, só vos digo unha cousa: castelao_@hotmail.com e ponhédevos en contacto jajaja
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|