<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Bastadas varias... de quen? dos putos skins! ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, janeiro 04, 2004
En fin, o outro día entereime de certos comportamentos que me deron ganas de saír coa escopeta na man e voarlle-las cabezas a algúns deles, e razóns, habelas hailas, coma as meigas...
Refírome ao comportamento dos skins que, se teñen que facer iso no nome duns ideais, sinceiramente, prefiro vivir na ignorancia... empezando porque eles nom sinten os seus ideais, se nom que están enfadados co mundo porque pensan que lles fixemos algo e nom atopan outra solución aos seus males se nom é facendo o que vos vou contar a continuación...
Unha amiga dun amigo meu está estudando en Madrid, e un día saía tan quedamente da súa casa cando a asaltaron varios cabezas rapadas, dos que vos falo. Era noite, apenas había xente na rúa, o momento perfecto para levar acabo o cometido dos skins. Parárona. Agarrárona do brazo, e un deles - que debía ser o líder - deulle a escoller:
1-Violación
2-Boca no bordillo
3-Sorriso do paiaso
Xa de por si, estas tres opcións nom soan nada ben, e menos o sorriso do paiaso... Nom fai falla que explique o punto un... para os que viron a peli American History X, a segunda opción faráselles familiar, cando o protagonista, que curiosamente facía de neonazi americano, obrigou a un negro a morder o bordillo da beirarrúa dándolle unha patada na cabeza... e o sorriso do paiaso a min paréceme a pior de todas... e se nom xa veredes... trátase de que, cunha navalla, fanlle uns cortes na comisura dos beizos á persoa en cuestión e a apalean para que cando berre se lle desgarre a cara...
Supoño que teredes curiosidade en saber que lle pasou á amiga do meu amigo... pois ben, o peor de todo, ao nom contestar a nengunha das tres opcións, fíxeronlle as tres e a atoparon no medio do monte, destrozada...
Danme ganas de saír, como dixen, coa escopeta na man e romperlles as súas cabezas rapadas... ou nom nom, mellor, facerlles comer os membros do seu corpo ata que morran desangrados... ou mellor mellor, gravalos en vídeo en plan "Tesis", cortándolles os seus membros, abríndoos en canal e facelos comer os seus intestinos ata morrer... en fin, faríalles un montón de cousas horríbeis pero nom me vou rebaixar ao seu nivel, por moitas ganas que teña de facerlles moitas cousas... Porque logo somos nós, os cataláns, vascos - porque nacionalismo vasco nom só é ETA, que quede moi claro - e galegos os brutos ignorantes... seremos, pero nós polo menos nom nos matamos entre nós nen aos de fora... porque o odio xenera máis odio, e porque todos somos iguais, mais á vez distintos... e iso é o seu "Viva España"? ese é o seu berro?
Gostaríame ir a Madrid, ir coa miña bandeira da patria galega á cintura e berrarlles pola tolerancia e pola democrácia, aínda sabendo que por iso levase unhas boas ostias... pero nom me importa... por que só saben defenderse en comandita e cando van todos xuntos?? con casos coma estes alédome cada día máis de pensar como penso e axúdame a defender máis se cabe os meus ideais... porque hai que acabar cos feixistas intolerantes, hai que acabar cos skins, que son a lacra desta época...

Asdo: iSRa aNTiSKiN

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -