<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Aisss coma os debuxos de antes... ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, janeiro 21, 2004
Aisss é que nom hai nada coma os debuxos de antes :(
Ía tan quedamente pola rúa dirixíndome ao meu instituto sobre as nove menos cuarto cando foi a miña sorpresa ver a dous pitiños falando:
Pitiño 1- Pues la profesora tiene un cú de pandeirooooooo
Pitiño2- Piroliñaaaaaaaaaa piroliñaaaaaaaaaaa o baile do cú ó aireeeeeeeeeee
Pitiño1&Pitiño2- O monstrooooooooo que só ten cúuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu hohohohohohoho
E xa me vedes a min así :O ¬¬ pero máis que nada por envexa, porque shin chan nom o votaban cando eramos pícaros!! jaja porque creo eu que son os únicos debuxos salvabels actualmente (qitando claro as reposicións dos debuxos que viamos nós)
Lembrádesvos de Dragon Ball? De cando Son Goku (paso dos castelanismos de Antena3 de Goku, agggg toa a vida foi SON Goku!!!! que maneira de foder unha serie ¬¬) ía na procura das bolas máxicas con Krilin??? e da nube quinto!!!!???? agora parece ser que votan Dragon Ball GZ (o único salvabel é o de GZ xD), viaxando Son Goku sendo máis pequeno que os seus propios netos!!!! :O!!!!!! vale, que qizáis Dragon Ball nom destacase pola súa realidade e tal, pero isto é ... !!!!!!
E weno, nom fai falla que fale dos mellores debuxos do mundo!! Os cabaleiros do Zodiaco!! Cando poñen eses debuxos??? nunca, porque nom os poñen!!! tanto Digimon e tanta merda, que poñan xa os Cabaleiros e que se deixen de parvadas!!!! "Pegaso, pegaso!!" (e quen nom esté de acordo comigo en que é a mellor serie do mundo que lle pida a Dani os cd's coas temporadas todas!!)
Outro clásico é Oliver e Benji!!! Quen senón eles eran capaces de en catro capítulos ir dunha portería a outra e logo do tremendo esforzo fallar o gol?? Quen senón Benji era capaz de parar cos ollos pechados?? Quen senón Oliver era capaz de xogar cun ombro fodido, unha costela feita cachos e unha perna estilo Manuel Pablo?? Nada, que os futbolistas de hoxe en día quéixanse por queixar... onde senón nesa serie xogaría alguén ó que lle está dando un ataque ó corazón e aínda por enriba ten forzas para meter un gol?? isto é fútbol e o demáis son tonterías!! (proximamente escribirei un post sobre as barbaridades futbolísticas de Oliver e Benji, que me están saíndo a montóns polo que estou vendo jajaja)
Creo que con estes tres exemplos demostro que como antes nom había serie ningunha. A nosa xeración sairía violenta por Dragon Ball, pero é que os nenos pequenos de agora vanse converter en saídos con tanto cuíño!!!! (anque weno, moitos somos saídos sen ver de pitiños Shin Chan...)(puxen somos?? qería dicir... son... ejem... jajajajaja)

Asdo: Israelote Friki Los Caballeros del Zodiaco

P.D.:creo que son o único, pero eu de pitiño nunca aturei as Sailormoon!! ajjjjjjjjjj puaggg!!!! se estades de acordo comigo deixade comment montamos un club de antifans jajajaja

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -