<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Volvo a ser un neno ! !
Posteado por: !
Data:
segunda-feira, dezembro 15, 2003
Volvo a ser un neno

¿Sabedes ese sentimento de cando eramos nenos, ese sentimento de cada seis de xaneiro o amencer? Cando corres coma folla que leva o vento na procura dese desexo que levas tanto tempo esperando... Pois eu pensaba que ese sentimento xa o perdera fai muito tempo, pero parece que renace - afortunadamente - en min logo de tanto tempo, coma un Anxo que levou durmindo durante muitos anos... E espertou debido a unha obra que estrea a sua ultima parte este mercores 17...

Nom vos podedes imaxinar as ganas que tenho que que se estree... nunca sentira igual dende fai muito tempo, e isto fai que recobre a ilusion por muitas cousas... porque o mundo da fantasia esta mais viva que nunca, e agora que nos fai mais falla tamen que nunca, para esquecernos da realidade, da merda de mundo no que vivimos... porque parece que Tolkien predeciu ese mundo escuro que relatan as suas obras para que traspasasen as fronteiras da Terra Media a Terra, a realidade... e necesitamos un Aragorn, un Frodo - un Sam como nom xD - un Gandalf... necesitamos que nos guien de novo a paz do mundo, que todo volva a ser aquilo como imaxinou Tolkien para Hobbiton, un mundo tranquilo e verde onde nom eisisten vencedores nen vencidos... porque Tolkien quixonos dicir muitas cousas e porque "O Señor dos Aneis" nom e so un libro, e unha Biblia...

Para aqueles que pensan que so e unha obra mais de fantasias e mundos irreais, para aqueles que pensan que so e unha patrochada para nenos pequenos, convidoos a ler os libros, hai un mundo por descubrir e que esta agardando por nos (nom nom, a factoria Tolkien nom me paga para dicirvos esto, so que me saiu asi xD).

E segue a conta atras...

Asdo.: Isra

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -