<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: INDIGNACIÓN... ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, dezembro 03, 2003
INDIGNACIÓN...

Sei que con este texto romperei a minha promesa (anque boeno, tampouco de todo porque xa dixen que en cando o governo nos seguise fodendo, tellaceibe ia dar boa conta diso) mais penso que o tema ben merece a pena que rompa este xuramento...

Xa sabedes - e se nom o sabedes vos enterades agora - que o meu pai traballa de musico nunha Orquestra, i este fin de ano foron contratados polo programa de Gayoso para que tocasen un dos seus temas. O tema escollido foi "Meu amor e marinheiro", unha cancion fermosisima - se nom a conhecedes recomendovola - da agrupacion "Fuxan os Ventos". Ata aqui nengun problema.

Logo de pasarse o meu pai toda unha semana para sacar os arranxos da cancion e ter todo preparado para gravar, cando fixeron as probas - xa co tema arranxado, as voces e todo gravado -, chegou un dos guionistas do programa a dicirlle que todo estaba moi ben, a musica e as voces, pero que debian de suprimir duas estrofas do tema; duas estrofas que por outra parte e metaforicamente, aluden a liberdade e a acabar coa escravitude i en especial, coa escravitude galega...

¿Razon? Penso que esta claro... o interese que ten o governo central e autonomico en controlar os meios de comunicacion violan xa de por si a constitucion, mais violan o dereito a devandita liberdade de expresion nun pais en teoria democratico - e remarco, en TEORIA -. E o pior de todo e que logo a xente coma NOS, ou xente cos mesmos ideais que NOS, nos tachan de Roxos, de traidores a patria, etc etc... tan soio pola razon de exercer o pleno dereito que ten todo hespanhol/a segundo a Constitucion que e pensar... si... pensar...

E para que vexades que no minto, vouvos escribir as duas estrofas que como repito, aluden a liberdade e o remate da escravitude para ter unha vision mais obxectiva do tema e nom cenhirvos no que eu vos poida dicir... Aqui esta:

Traio un navio nas veas
eu nacin pra marinhar;
quen tente porme cadeas
hame primeiro matar!
Vale mais ser libre un dia
no confin do bravo mar
que vivir toda a vida
preso, escravo e a calar!

Polas ruas das ciudades
hei de pasar a cantar
traguendo na mau direita
a espada da liberta.
Como se un navio entrase
de supeto, na ciuda
traguendo a voar no mastil
bandeiras de liberta!

Vos mesmos... Pensen...

Saudos de Isra&Va

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -