<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Quen esta tolo? ! !
Posteado por: !
Data:
sábado, novembro 01, 2003
Quen está tolo?

Este textiño pertence a unha persoa moi querida por min que de malo só ten o seu segundo apelido, e que cando escrebe, escrebe verdades coma un templo... convidovos a ler, e como sempre, a pensar...

"Quen está tolo? o mundo ou eu? Nom o sei e suponho que nunca o chegarei a descubrir, o que si sei e que non estou de acordo co mundo.Este mundo no que o lado humano das persoas desapareceu, este mundo sen sentimentos, nen amor nen odio, só indiferencia...Só miramos por nós ao mesmo tempo que nos facemos dano pensando que nos beneficiamos, facemonos dano a nós e os demais. Nada nos fai ilusión, nada nos pon ledos, nada dá sentido á nosa vida, nada menos o diñeiro, triste non si? Pero triste só porque nós o queremos así. Agora estou case convencida de que a tola son eu, ilusionarme cun sentimento! Onde se viu tal? A estas alturas xa todo o mundo sabe que o único que merece a pena son os cartos...Eu só pertenzo a esa minoria dos idealistas, dos tolos..."
Asdo: Luz Varela Armas

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -