$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !
|

|
TÃtulo: Amor... que verba mais rara... ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, novembro 16, 2003
|
 |
Amor,,, que verba máis rara,,,
¿Nunca vos preguntachedes que significaba a verba amor,,,? De seguro que si, esas tardes de frío inverno, nos domingos de resaca onde o unico que apetece e acende-la radio, apalancarse na cama e mirar o teito sen facer nada,,, somentes pensando nestos temas que tanto nos inquedan os adolescentes - nom a todos :P- ,,,
Amor, que verba mais dura,,, pero cando podemos dicir que en realidade sentimos amor???? hai xente que na sua vida sentiu so unha vez o que se di amor ou estivo namorada dunha persoa, e hai outr@s que se namoran cada dous por tres, o que se lle da en chamar persoas namoradizas - cousa que nom acabo de entender, como se pode esquecer a unha persoa dun dia para outro e logo chamalo amor... simplemente eu penso que iso e enconachamento :P- Mais sen desviarnos do tema, hai diferentes tipos de amor, ou que eu considero que e amor,,,
Existe o amor a familia, o amor a esa nai que nos deu a vida, a ese pai que nos protexe, a eses irmans que no bo e no malo estan ahi sempre que os necesitas, esos avos que che coidaron cando estiveches enferm@, etc,,, existe o amor a amizade, a eses amig@s que o son porque o demostran dia a dia, que estan o teu lado e sempre te tenden unha man nos malos tempos e que van da tua man nos bos, eses que os reconheces con so unha mirada,,, logo existe o amor a terra, o amor a patria a que pertences e que defendes pero... ¿que e en realidade amor?
Pois ben, amor e ese sentimento polo que dariades a vida por alguen, porque se nom vives a vida con aquilo o que amas nom merece ser vivida a vida que estamos vivindo... sentichedelo algunha vez????
|
|
|
|
- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -
|