<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Volven, e con máis ganas!!!! ! !
Posteado por: !
Data:
quinta-feira, outubro 23, 2003
Volven, e con máis ganas!!!!

Si, volven eles de novo, ós que o meu parecer é o millor grupo independente do panorama hespanhol (e con diferencia)

¿Aínda nom sabedes qen volve? DOVER! Este grupo afincado en Mahadaonda (Madrid) e liderado polas irmás Cristina (Voz e guitarra) e Amparo Llanos (coros e guitarra). Pero claro, Dover nom sería nada sen Álvaro (baixo) e Jesús (batera).

E que dicir de Dover, un dos mellores grupos en directo (posto que ise é o seu forte i é onde realmente ganha un grupo como tal). e volo podo dicir eu, que a tres concertos que fun sempre me quedei con ganas de máis e me pareceu pouco, pero ó fin e ó cabo, se penso iso quere dicir que o espectáculo foi impresionante!

¿Quen nom conhece Dover? Todo o mundo escoitou o seu venerado por tantos fans "Devil came to me", símbolo deste cuarteto e canción representativa destos catro de Mahadaonda... porque quen máis ou quen menos ten o seu primeiro cd "Devil came to me", xa sexa en compact, cinta ou algunha das súas cancións baixadas de internet, ou me ides mentir?? xDDD Pero boeno, hai que ser críticos e logo de "Devil came to me" tiveron un peido mental no seu terceiro disco - posto que o primeiro foi sister en 1995 que nom pasou das ¡¡¡¡¡700!!!!! copias...- "Late at night" que nom pasou por ser un dos seus mellores traballos... pero claro, saben compensar os erros e fai dous anos sacaron á venda "I was dead for seven weeks in the city of Angels" gravado nos Ánxeles (EE.UU.) e o título fai honor ó aburrimento que pasaron para gravar ese cd... persoalmente, o aburrimento mereceu a pena, sendo este cuarto disco un dos seus mellores traballos ata agora ;)

I este ano volven con máis forzas, co seu disco "The Flame", o séptimo disco - posto que sacaron un recopilatorio con cancións en directo e unha remasterización do seu primeiro "Sister"- onde o single de mesmo título ven pegando forte na radio e televisión... Xa sabedes, o disco xa saíu á venda o 13 deste mes anque boeno, acabaredes por piratear... xDDD

P.D.: se o estades pensando, nom, Dover nom me paga un plus por facer propaganda súa na páxina ;)

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -