<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Pequenos... din por ala... ! !
Posteado por: !
Data:
sábado, outubro 11, 2003
Pequenos... din por alá..

Fai algún tempo escoitei unha hestoria dun mundo governado por xente boa, xente que traballaba a reo polo seu e polos demáis, xente amabel e que recibia menos do que daba, porque o daba todo...
...Mais aquilo que semellaba o paraiso terreal confundiuse coa maldade duns poucos que querían facer daquel mundo o seu, imponher as súas proprias regras e leis e subordinar a aquel mundo de xente boa...
...E case ninguén luitou contra aquila nube negra que se apoderaba de todos eles, negaronse á liberdade para vivir cos ideais doutros, soterrando os pensamentos na dor inmensa do esquencemento... Nom había saída posibel a aquel tobo... Todos morrerían coa certeza de saber que só foron eles mesmos cando governaba o ben... menos aquel que se rebelou contra o poder da maldade, aquel pequeno que vive no seu mundo de paz e liberdade eterna... so un... un valente... un pequeno... porque dos nenos e o mundo da paz eterna, dos nenos que fan do bo a vida e fan do mal un xogo...
...Esta é a hestoria que escrebo agora... de como un neno salva todo aquilo que os maiores matan, de como un neno salva o mundo da maldade duns poucos... de como unha vez máis, a liberdade ganha da man dun pequeno cun corazón xigante... pero ¿ de verdade é unha hestoria? ...


 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -