TÃtulo: Contradiccións que lle chaman... ! !
Posteado por: !
Data:
domingo, outubro 05, 2003
Contradiccions que lle chaman...
Cal era a minha sorpresa cando o 4 de outubro acudin cos meus colegas ao partido de futbol Deportivo-Atl. Madrid onde sucederon varias contradiccions...
E ali estaban os madrilenhos, coas suas bandeiras patrioticas hespanholas, ondeandoas ao vento... e un pouco mais adiante nosa un novo galego nacional cunha bandeira da patria galega e a sua estrela vermella, cun sorriso de orella a orella... E as cancions sucedianse, as frases ideoloxicas ian dun lado ao outro do estadio e cada un berraba por aquilo que cria... e se vos digo que ganhaban os hespanholistas aos galeguistas?? Sinxelo, mentres os hespanholistas berraban en castelan, os galeguistas o facian en castelan, o que lles da ventaxa aos feixistas, e' dicir, a nosa via de espresion era a mesma que o inimigo e sen darse conta eses mesmos que berraban pola independencia da Galiza baixabanse os pantalons antes os hespanhois... Porque o "lalalalalalalalaaaaa que puta es Espanha..." esta ben, pero soa millor en galego...
...E iso e' o que me da medo... que o se nacionalista sexa so' unha moda pasaxeira... porque o realmente atipico e' escoitar a un novo nacionalista galego falando galego, esa lingoa polo que loitan... e se nom dan exemplo... como queren cambiar as cousas?