TÃtulo: Cavilacions... de que tipo? politicas... ! !
Posteado por: !
Data:
quinta-feira, outubro 30, 2003
Cavilacións... de que tipo? politicas...
Este verán, Ibarretxe propuxo un modelo político que se basaba na autodeterminación para ó Pais Vasco, pretendía unha federación na Euskadi onde os propios vascos poidesen autogovernarse sen separarse do seo espanhol... e que contestacion recibiron de Madrid???? que se era unha grande mentira, que se era un modelo separatista, que se era anticonstitucional...
1-Unha grande mentira???? o modelo federal levase usando moitos anos e ten maior vixencia que o modelo das CC.AA., polo menos o máis estendido e os paises (fodeme reconhecelo, polos americanos, pero chapo, esa é verdade...) que a levan a cabo nom lles vai mal de todo...
2-Modelo separatista???? pertencerá ao seo espanhol, coa VENTAXA da autodeterminación onde os vascos poderan elixir as súas proprias leis,
-amen doutras ventaxas, por suposto...-
3-Anticonstitucional???? deixei esta pregunta para ó final, porque cecais é a que dá maior xogo... anticonstitucional, cando a constitución de 1978 di que o Estado Espanhol é un estado PLURINACIONAL... e isto creo que o di todo desta cuestión...
Será porque o governo aznarista volve de novo a ideoloxía franquista, da Espanha "Una, Grande Y Libre"... na que a única opción que nos vale aos pobos asoballados é a Espanha Libre, formada por estados federais...