<$BlogRSDUrl$>
Novo Blog De Tella Ceibe !






Título: Crebacabezas... ! !
Posteado por: !
Data:
quarta-feira, setembro 10, 2003
Ninguén estaba alí para velo afundir, afogarse nun pequeno vaso de auga medio baleiro… Tan só aquel demo de ollos claros e pelos crechos, que espreitaba baixo o seu disfrace de anxo sen ás…
Porque se sentía morrer en vida e sabía que tan só podería salvarse aferrándose a un cravo ardendo, como ardente sentía o seu corazón, debuxando cunha chama amarela a verba amor, aquela mesma verba que lle queimaba coma nunca o fixera…
Mais non podía facer nada, tan só aguanta-la dor que aquelas frechas vermellas lle producían.
Amor. Que todo cho da e todo cho quita, coma o mellor ladrón de contos e lendas… E porque sabía que lle furtaran o corazón, afundíndose nunha desesperante impotencia entre bágoas e alcol. Mais ninguén estaba alí para velo afogar, nun pequeno vaso de auga de baleiro contido… Perdido nun mundo que non era seu, nun papel no que non se sentía representado e buscando ás apalpadas a aquel ladrón que lle roubara un anaco de corazón… Porque sentía non atopar solución a aquel crebacabezas, nunha función sen actores. As luces apagáronse para el e a vida consomíase coma o seu último cigarro, pendurado nos seus longos dedos nun sono eterno, nunha función con papel onde lle faltaba a peza daquel crebacabezas…

 

|  ! | Movida LeyVa! | ** |

- ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ - ~ ~ -